Auria
O 26 de febreiro de 2013, vai case dez anos, inciabamos os nosos "parrafeos" diarios que tiñan como tema central a cidade literaria de Auria, trasunto da cidade de Ourense, que deu lugar a unha chea de escritores e de escritos sobre ela. Máis de 3.000 parrafeos, máis de 3000 días aportando algunha cita, vironse paralizados por unha serie de problemas técnicos que nos frenaron o noso desexo de chegar, cando menos, a celebrar os dez anos. Problemas técnicos que con demos arranxado. O noso blog "Auria, cidade literaria" xa non nos permite editar absolutamente nada. Tan só van aparecendo, de cando en vez, parrafeos que quedaran programados ou simplemente pospostos no tempo. É a nosa intención retomar ese proxecto, aínda que renunciando á periodicidade diaria, agora os "parrafeos" publicaranse cando cadre; tamén iremos máis alá do literario para centrarnos en todo o que consideremos oportuno: unha única premisa manteremos, que fale de Auria, que se centre na c...