Entradas

Pontes

Imagen
Juan Andrés Hervella publica este libro, Pontes, lugares seguros de paso, no ano 2015 recollendo artigos publicados no xornal "La Región" sobre as distintas pontes que hai na cidade de Ourense. Nós, retomaremos os nosos parrafeos trazando pontes entre a historia e a literatura, o Miño e o Barbaña, o pasado e o presente, o blog que nos abandonou e o que agora renace...

Auria

 O 26 de febreiro de 2013, vai case dez anos, inciabamos os nosos "parrafeos" diarios que tiñan como tema central a cidade literaria de Auria, trasunto da cidade de Ourense, que deu lugar a unha chea de escritores e de escritos sobre ela. Máis de 3.000 parrafeos, máis de 3000 días aportando algunha cita, vironse paralizados por unha serie de problemas técnicos que nos frenaron o noso desexo de chegar, cando menos, a celebrar os dez anos. Problemas técnicos que con demos arranxado. O noso blog "Auria, cidade literaria" xa non nos permite editar absolutamente nada. Tan só van aparecendo, de cando en vez, parrafeos que quedaran programados ou simplemente pospostos no tempo. É a nosa intención retomar ese proxecto, aínda que renunciando á periodicidade diaria, agora os "parrafeos" publicaranse cando cadre; tamén iremos máis alá do literario para centrarnos en todo o que consideremos oportuno: unha única premisa manteremos, que fale de Auria, que se centre na c...